luns, 31 de maio de 2010

Manuel Núñez Singala, o autor do libro "Comedia bífida" veu o mércores 19 ao noso Instituto para explicarnos mediante, uns xogos de inxenio, que non todo é o que parece senón que hai que estudar mellor as nosas situacións para poder ver o que realmente temos diante. Todos estes xogos utilizounos para explicarnos a situación do galego, que pode chegar a desaparecer se non o falamos. Porque moita xente pensa que é unha lingua bruta, de pailáns e que soa moi mal. Isto non é verdade xa que é unha lingua tan fermosa coma outra calquera. Ademais cantas máis linguas saibamos moito mellor porque non só nos converteremos en persoas máis cultas, senón que despois nos será máis doado aprender outra lingua.
Por iso creo que a xente non debería avergonzarse de ser o que é e que deberían falar galego e todas as linguas que queiran.
Salomé Pérez González 3º C
A charla de Manuel Núñez Singala sobre o seu libro, deunos a comprender un pouco máis o importante que é a lingua e o malo que é a súa extinción.
Fixemos xogos sobre o galego para poder ter maior comprensión e entender que é a nosa lingua e que deberiamos falala. Tamén nos mostra que hai que mirar e observar ben todo para poder entender que hai que ver máis alá, como na lingua. Explicounos tamén os prexuízos e o que moita xente pensaba sobre o galego. Como opinión persoal, podo dicir que eu non quero que se extinga, xa que é unha lingua moi bonita e perdela sería moi triste. Pasamos un momento divertido no que rimos e pensamos os problemas que nos presentou.
Eva Valdés Aymerich 3ºC

xoves, 13 de maio de 2010

Podedes ver no corredor do Salón de Actos a exposición sobre Uxío Novoneyra, o autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas.
Interesante!!

venres, 30 de abril de 2010

Letras galegas 2010: ano de Uxío Novoneyra

Aquí vos deixamos unha páxina adicada ao galardonado deste ano co Día das Letras Galegas, Uxío Novoneyra, con varios enlaces para ampliar a vosa información sobre a súa vida e a súa obra.

Para acceder á páxina, premede AQUÍ.

venres, 16 de abril de 2010

Sobre o Decretazo

Aquí vos deixamos enlaces a tres documentos da CGENDL sobre o Decreto de plurilingüismo:

- un documento coas propostas que a CGENDL presentou ante o Conselleiro de Educación e o SXPL no encontro mantido o pasado mércores 20 nas dependencias da Xunta.

- outro documento coa Análise das Bases para o borrador do Decreto do Plurilingüismo.

- e, por último, un modelo de nota de prensa para as roldas de prensa que se van realizar a nivel local e comarcal para informar á sociedade sobre os efectos deste borrador.

xoves, 15 de abril de 2010

Xa se pode participar na 4ª edición do concurso "Lingua de amor" . Hai dúas opcións: declaracións de amor ou cancións de amor. O prazo de presentación de traballos remata o 28 de maio de 2010. Hai tres premios para cada categoría. Hai que rexistrarse na páxina do concurso: www.linguadeamor.eu.
As bases do concurso podedes consultalas polo miúdo no taboleiro de Normalización Lingüística.
Animádevos e participade!