mércores, 18 de febreiro de 2009

Actividade recollida libros antigos

Solicítase a colaboración de todo o alumnado e as súas familias para participar na actividade conxunta de recollida de libros editados en galego antes do ano 1983.
Nesta actividade participan todos os centros da zona coa finalidade de facer unha exposición con estes libros durante a 3ª Avaliación.
Se tes libros en galego na casa de antes desa data e queres traelos especifica:
-Mercado polos avós
-Mercado polos pais
-Mercado por outro familiar
-Agasallo
Podes traelos ata o día 25 de marzo e entregárllelos aos profesores/-as de galego.

Concurso literario

O Equipo de Normalización Lingüística convoca un concurso literario no que pode participar todo o alumnado do centro.
Establécense dúas categorías diferenciadas para ESO e Bacharelato e Ciclos.
A temática é libre e pódese participar tanto en poesía como en narrativa.
En poesía haberá que presentar como mínimo 3 poemas. En narrativa o mínimo serán 2 folios por unha cara. Letra Arial 12.
Haberá tres premios por categoría para poesía e para narrativa:
1º premio: 25 Euros
2º Premio: 15 Euros
3º premio: 10 Euros
Os traballos deberán ser entregados antes do día 3 de abril cun pseudónimo indicando poesía ou narrativa e a categoría (ESO- BACH, CF).
Nun sobre pechado indicarase o nome e apelidos e o curso ao que se pertence.
Os traballos e o sobre de identificación entregaranse na secretaría do centro.

Gañadores Concurso Adhesivos

2º CICLO ESO

1º Premio: César Augusto Arredondo
2º Premio: Javier Bayo Mosquera
3º Premio: Silvia Canda Izaguirre

Concurso de adhesivos

O Equipo de Normalización Lingüística convoca un concurso de adhesivos no que pode participar todo o alumnado da ESO.
Establécense dúas categorías para 1º e 2º ciclo.
A temática a desenvolver tratará sobre a situación da lingua na actualidade.
Os traballos recompilados servirán para realizar unha exposición no centro e os premiados poderán ser editados.
Haberá tres premios por categoría:
1º premio: 25 Euros
2º premio: 15 Euros
3º premio: 10 Euros
Os traballos deberán ser entregados antes do día 10 de decembro cun pseudónimo indicando 1º ou 2º ciclo. Nun sobre pechado indicarase o nome e apelidos e o curso ao que se pertence. Os traballos e o sobre de identificación entregaranse na secretaría do centro.