mércores, 25 de marzo de 2009

O xoves 26 de marzo inaugúrase no Colexio "Manuel Rivero" a exposición de libros galegos editados antes do ano 1983 no que participamos os distintos centros da zona. Podedes visitala no horario lectivo do centro.

Lingua de amor 2009

Podedes participar no concurso "Lingua de amor 2009". As bases están expostas no Taboleiro de Normalización do centro. www.linguadeamor.eu

martes, 17 de marzo de 2009

As Sinas

O programa "Vive en defensa do monte galego" no cal participamos 23 alumnos e alumnas de 3º ESO, estaba destinado a cambiar para mellor a paisaxe galega que se perdeu cos incendios do verán do 2006.
O luns 16 de febreiro ás nove da mañá marchamos cara a Vigo para recoller a uns alumnos do colexio Santa María. Chegamos a Vigo sobre as once da mañá e cando recollemos aos alumnos dirixímonos cara o noso destino que era Vilagarcía. Despois de tanto tempo chegamos Á s Sinas sobre a unha do mediodía. Cando baixamos as maletas viñéronnos recibir os monitores disfrazados para acomodarnos nas nosas liteiras. Logo realizamos un xogo e fomos comer. Á tarde, dividíronnos en varios grupos para que fósemos a varios lugares do campamento. Neses lugares explicábannos todo sobre o monte, como por exemplo canto tempo tardaba en medrar un carballo, como se podía buscar as nosas parcelas no ordenador, etc.
Ás nove tivemos a cea e despois de cada cea tiñamos unha asemblea que consistía en que nós lle tiñamos que explicar e comentar como nos fora o día. A asemblea terminaba sobre as dez e media e despois tiñamos unha velada na que se facían uns xogos para divertirnos e iso duraba ata as doce que tiñamos que ir para a cama.
O segundo día espertamos ás oito e almorzamos ás nove. Despois de almorzar fomos ver o pazo de Montero Ríos e os seus xardíns. Nestes xardíns hai especies únicas que non se poden ver en moitos sitios. Logo de ver os xardíns fomos xantar aun albergue de Sabucedo e visitamos o novo curro no que se celebra a rapa das bestas da Estrada. Os monitores fixeron de cabalos e dos homes que rapan as bestas para explicarnos o espectáculo. Logo visitamos uns muíños que había no río de Sabucedo e tamén visitamos o curro vello. Sobre as sete e media regresamos ao albergue.
O terceiro día logo de almorzar fomos ao monte para plantar árbores. Eu plantei un carballo.Tamén limpamos unha parcela e arrincamos eucaliptos. Despois de facer todo isto regresamos ao albergue xantar e logo voltamos ao monte pero non para volver plantar árbores senón para facer orientación. Déronnos cadanseu compás e indicacións para poder ir ao lugar que nos mandaran. Logo de chegar a dito lugar regresamos para cear, ducharnos e despois de cada cea tivemos a asemblea e a velada. Esta velada foi distinta xa que nos fixeron unha festa.
O cuarto día só fomos para a praia xogar e os monitores fixéronnos responder a unhas preguntas sobre a nosa estancia alí. Despois de xantar chegou a despedida. Uns choraron coa despedida e outros contiñan as bágoas. Logo deixamos os nosos compañeiros de Vigo e regresamos a Lalín. Chegamos sobre as sete da tarde.
Iván Losón Iglesias 3º C

martes, 10 de marzo de 2009

Viaxe a Santiago

Ás 10:40 do xoves vinte e dous de febreiro saímos desde Lalín cara Santiago para pasar o día alí. Fomos pola autoestrada ata a cidade e a partir de alí leváronnos ao Auditorio para ver un concerto. Estábanos esperando a Real Filarmónica de Galicia para tocar unha peza musical. Permanecemos alí unha hora e media sentados nunha butaca vendo como un presentador e uns bailaríns estropeaban un pouquiño máis a obra. Despois o autobús volveu por nós para levarnos dar unha volta a Área Central, non contabamos con moito tempo, pero algo é algo. Cando cruzamos a porta de entrada démonos conta de que non había demasiados sitios onde entreternos, pero así e todo puidemos comprar algo. Á hora de saída tivemos un pequeno percance xa que algunha persoa case perde o autobús pero ao final todo saíu ben. Volvemos a Lalín outra vez pola autoestrada e chegamos desde o meu punto de vista un poco cedo, pero serviunos para descansar e comentar algunhas anécdotas. En definitiva, foi unha excursión un pouco peculiar e rara pero unha nova expariencia ao fin e ao cabo.
Olalla Sanmartín 3º C