venres, 25 de xaneiro de 2013

Con pouco máis de seis anos...

Nacera alá por decembro de 2006 e váisenos nestes principios do 2013. Era o último xornal impreso integramente editado en galego. Chamábase De luns a venres e distribuíase gratuitamente nas sete maiores cidades de Galiza.

A empresa editora , o grupo El Progreso, anuncia que o reconverte en semanal (con edición diaria na rede) e que ampliará os contidos:
 
"Aínda que o da periodicidade é o gran cambio nesta nova etapa do gratuíto galego, ben é certo que non é o único. De feito, o novo semanario será unha publicación con máis páxinas, máis tirada e novos contidos de produción propia, centrados sobre todo na análise, a reportaxe e a opinión, sen esquecer a súa vocación de servizo público a través de diferentes seccións e, sobre todo, mantendo o idioma galego como sinal de identidade, nunha clara aposta pola difusión da cultura de Galicia na sociedade." [ler a noticia completa]


Pode ser. Se cadra é. Pero xa son tantos os golpes que semellan non queren parar...

Ningún comentario: