martes, 21 de maio de 2013

Entrega dos premios de relato curto e poesía

A Biblioteca do centro foi o espazo que acolleu a entrega dos premios de relato curto e poesía convocados polo Equipo de Normalización e Dinamización da Lingua galega. Foi un acto modesto pero cheo de emotividade.
As galardoadas, Olimpia Elisa e Eva, recibiron os premios de mans da María Jesús Gracia, vicedirectora, e de Natalia Fernández, titora de 1º de Bacharelato B -grupo ao que pertence unha das premiadas-, ante un auditorio entregado á causa.
Olimpia Elisa Rivera Marcos recollendo o premio
Eva González Blanco co seu premio

Ningún comentario: