Blog do Equipo de Normalización e Dinamización da Lingua Galega do IES Ramón Mª Aller Ulloa (Lalín)
domingo, 19 de xuño de 2011
Lois Pereiro
Estamos no ano de Lois Pereiro. A RAG xustificou a elección do autor monfortino porque apreciou:
"Evidentes pegadas expresionistas, referencias á literatura xermánica e certos trazos de contracultura [...] unha imaxe e unha estética que fixeron del un autor de culto. Cartografou coma ninguén o labirinto do mundo contemporáneo conciliando para tal fin o individualismo escéptico coa tradición demoledora do expresionismo centroeuropeo."
Á súa vez Manuel Rivas manifestou:
"Adicarlle a Lois o Día das Letras 2011 foi unha decisión valente da Academia, porque é un autor de culto, pero en canto se difunda a súa obra será un autor moi popular".Pódense cinsultar as seguintes webs sobre a súa traxetoria.
http://gl.wikipedia.org/wiki/Lois_Pereiro
http://www.diadasletrasgalegas.com/homenaxeado/lois-pereiro_2011
http://www.bvg.udc.es/ficha_autor.jsp?id=LoiPerei&alias=Lois+Pereiro
Poesía última de Amor e Enfermidade | ||
Poemas da morte sobrevivida a forza de paixón e sabotaxes (1995): "Mala sorte". |
|
(Cunha bala calibre sete sesenta e cinco no peto máis pequeno do vaqueiro, sei que a miña vontade é decisiva para escoller o momento e o lugar. E apálpoa cos dedos a todas horas.) |
Mala sorte
E por primeira vez desde que souben
que aínda respiraba e seguía vivo
sei o que é sentir medo a non estalo
Interrompido na mellor escea
cando estaba soñando un soño dérmico
de paixón e beleza
cunha serea distancia literaria e sabia
Só ela podía ser tan inoportuna
groseira inculta e pouco delicada
chamándome despois de ter sobrevivido
á confortable atracción do fracaso
e saber dunha vez o que era a vida
amar e ser amado.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)