Nacera alá por decembro de 2006 e váisenos nestes principios do 2013. Era o último xornal impreso integramente editado en galego. Chamábase De luns a venres e distribuíase gratuitamente nas sete maiores cidades de Galiza.
A empresa editora , o grupo El Progreso, anuncia que o reconverte en semanal (con edición diaria na rede) e que ampliará os contidos:
"Aínda que o da periodicidade é o gran cambio nesta nova etapa do
gratuíto galego, ben é certo que non é o único. De feito, o novo
semanario será unha publicación con máis páxinas, máis tirada e novos
contidos de produción propia, centrados sobre todo na análise, a
reportaxe e a opinión, sen esquecer a súa vocación de servizo público a
través de diferentes seccións e, sobre todo, mantendo o idioma galego
como sinal de identidade, nunha clara aposta pola difusión da cultura de
Galicia na sociedade." [ler a noticia completa]
Pode ser. Se cadra é. Pero xa son tantos os golpes que semellan non queren parar...
Blog do Equipo de Normalización e Dinamización da Lingua Galega do IES Ramón Mª Aller Ulloa (Lalín)
venres, 25 de xaneiro de 2013
martes, 22 de xaneiro de 2013
Concurso literario de relato curto, microrrelato e poesía
O Equipo de Normalización e Dinamización da Lingua Galega do IES Ramón María Aller Ulloa convoca un concurso literario de relato curto, microrrelato e poesía que se rexerá polas seguintes bases:
1. Poderá concorrer a el todo o alumnado matriculado neste centro. Cada alumna ou alumno deberá presentar un único traballo, mais podendo concorrer nos tres apartados.
2. Os traballos presentados no apartado de relato curto han ter unha extensión máxima de tres folios e mínima dun folio e medio, en letra Arial 12 e a dobre espazo.
3. Os traballos presentados no apartado de microrrelato han ter unha extensión máxima de dez liñas e mínima de dúas liñas, en letra Arial 12 e a dobre espazo. Neste caso cada participante poderá presentar un máximo de tres microrrelatos.
4. Os traballos presentados no apartado de poesía deberán constar de tres poemas cunha extensión máxima por poema de 25 (vinte e cinco) versos ou dun folio, en letra Arial12 e a dobre espazo
3.- Deben estar escritos en lingua galega e respectar a normativa actual.
4.- Presentaranse por duplicado e asinados con pseudónimo, nun sobre aberto, coa lenda “Concurso Literario-EDL ”, no que se incluirá, ademais da(s) obra(s), outro sobre máis pequeno pechado no que se faga constar por fóra o mesmo pseudónimo co que se asinou e dentro o nome do autor ou autora e o curso ao que pertence.
5.- O prazo máximo de presentación é o 5 de abril de 2013.
6.- Os traballos entregaranse na Biblioteca do Instituto.
7.- Os traballos premiados quedarán a disposición do Centro.
8.- O xurado, composto por profesorado e alumnado do Centro, fará público o seu fallo, e este será inapelábel.
9. Os premiados recibirán un lote de libros e unha morea de parabéns.
Etiquetas:
Concursos,
Creación literaria
martes, 15 de xaneiro de 2013
Nesta terra que fai testamento.
Pode ser que cada vez sexa máis difícil escoitar determinado tipo de voces. Os medios hexemónicos son cada vez máis selectivos e excluíntes. Os "outros" medios pois son iso mesmo: "os outros".
O xornal dixital Pontevedra viva seguramente non goce da maior difusión, pero iso non ten relación coa súa calidade, nin co maior ou menor interese dos seus contidos.
Aí atrás ofreceunos unha entrevista con Sés.
Sés é moitas cousas, ten unha páxina que dá gusto vela e, ante todo, semella unha persoa coas ideas claras:
"Eu fago música en galego, porque son galega e estou lonxe de avergonzarme de selo."
"...ti non lle vas a ensinar a un americano a facer rock and roll, pero podes facer que moita xente que quere escoitar música en galego, entenda un rock and roll. Xente que cando escoita unha canción quere saber o que cantas. Eu son claro exemplo de alguén que está aquí porque canta na súa lingua. A min, lonxe de ser un hándicap na miña carreira, é todo o contrario. É o que me impulsou e o que me mantén."
Botádelle unha, ou dúas á saúde de Sés e de xente coma ela:
E é que, con xente coma Sés, os que están esperando polo testamento desta terra igual acaban co-convertidos en estatuas de sal.

sábado, 12 de xaneiro de 2013
Roberto Vidal Bolaño
2013 é o ano do dramaturgo Roberto Vidal Bolaño ao que a RAG lle dedica o Día das Letras Galegas.
Nace Roberto Vidal Bolaño en Santiago de Compostela o 31 de xullo de 1950, falecendo na mesma cidade o 11 de setembro de 2002. Autor, actor e director, a súa dilatada obra dramática presenta dúas tendencias fundamentais: por un lado cultiva un teatro simbólico con raíces populares, e por outro segue unha liña na que se inclúen textos máis complexos nos que se dá unha visión pesimista da vida. Como dramaturgo comezou en 1977 escribindo dúas obras moi diferentes e encadrables, respectivamente, en cada unha das liñas anteriormente consignadas: Ledaíñas pola morte do meco, peza na que o protagonista, o pobo, debe ir descubrindo a identidade do Meco, fonte de inxustiza; finalmente, identifícase este Meco coa opresión estranxeira que explota as clases populares. A segunda peza é Laudamuco, señor de ningures, na cal se trata o tema do tirano que se encontra no declive do seu poder. A estas seguirían outras moitas pezas, sendo especialmente relevantes aquelas que se poderían incluir na segunda das liñas anteriormente indicadas, como Cochos (1992), Días sen gloria (1992) ou Saxo tenor (1993).
Unha web interesante sobre teatro galego é a seguinte: http://www.teatrogalego.com/
Deseguido unha mostra do Roberto Vidal Bolaño actor:

xoves, 10 de xaneiro de 2013
Os álbumes de guerra de Castelao, dixitalizados
Un ollo de vidro pon á nosa disposición os Álbumes de guerra de Castelao dixitalizados.
Tal como nolo indican no seu blogue podémolas ver en liña ou descargar en diferentes formatos:
Graciñas, ollo de vidro
Tal como nolo indican no seu blogue podémolas ver en liña ou descargar en diferentes formatos:
Graciñas, ollo de vidro
Etiquetas:
Documentos dixitalizados
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)