martes, 16 de xuño de 2009

Máis Música Galega-Biblioteca

Cinco, BRATH
O latexo do fogo, BRATH
Home, XOSÉ MANUEL BUDIÑO
Homenaxe aos Diplomáticos, 120 CAPADORES
Lendas douradas, ROI CASAL
Entre dous mares, ROSA CEDRÓN
A lagoa dos Atlantes, ALBERTO CONDE
Coplas para Icía, XABIER DÍAZ
Só son sons, DOUS
Tres, THE HOMENS
Nas beiras de Lethes, KÉRKENNAI
Paraugas universal, LAMATUMBÁ
Diacronías, LIZGAIRO
As palabras espidas, NAO
Na boca unha cantiga, A QUENLLA
Rosalía 21, ABE RÁBADE QUARTET

xoves, 11 de xuño de 2009

Información da Coordinadora sobre a consulta lingúística



O ENL do centro súmase á campaña informativa da Coordinadora para facer chegar aos pais o beneficio de utilizar e coñecer as dúas linguas. Premendo aquí podedes descargar o tríptico que preparou a Coordinadora para informar ás familias.

luns, 1 de xuño de 2009

Máis Música Galega-Biblioteca

Cinsa namorada, TINO BAZ
Olladas dun entusiasta, XOSÉ CONSTENLA
Contra Tempo, ALBERTO CUNHA
Nai, XOÁN CURIEL
Músicas de salitre, XABIER DÍAZ
A quinta das lágrimas, MILLADOIRO
Em terra de ninguem, SOM DO GALPÓM
Tanxedoras, TANXEDORAS

luns, 18 de maio de 2009

Inventario Música Galega- Biblioteca

Abuña
Nas cordas, PANCHO ÁLVAREZ
Alba de abril
A chama do cerne, ANAMOURA
Sui Generis, ANCORADOIRO
Abuña copo, ARCO DA VELLA
Quince anos de viaxe, ARDENTÍA
Arca marmórica, ARMEGUÍN
Recopilación, AVALON
En augas de Ortigueira, BÁGOA DE RAÍÑA
Bágoas negras
Mor, A BANDA DE POI
Ballet da nena, LUÍS EMILIO BATALLÁN
Aí vén o maio, LUÍS EMILIO BATALLÁN
Unión das terras, DANIEL BELLÓN E DIEGO MACEIRAS
Hepta, BERROGÜETTO
10.0, BERROGÜETTO
No bico un cantar
Rodeira, BRATH
A roupa do mariñeiro, CANTADEIRAS DO BERBÉS
A cantar co Xabarín
Cantigas de amigo Martín Códax
Cantigas de Santa María
Cantos de berce
Cantos, Coplas e Romances de Cego
Cartas mariñas, EMILIO CAO
Simbad en Galicia, EMILIO CAO
Recolleita, EVA CASTIÑEIRA
Os Cempés, OS CEMPÉS
Circo Montecuruto, OS CEMPÉS
Moe a moa, OS CEMPÉS
No bico un cantar, MARÍA DO CEO
Folla de lata, CHOUTEIRA
Ghuave!, CHOUTEIRA
Colección do fol
Xénese, DIOSKETECREW
Kömunikando, DIPLOMÁTICOS
O son da estrela escura, DOA
Druadán, DRUADÁN
Esta noite hai un serán
Etnika
Efffecto, FALTRIQUEIRA
Faltriqueira, FALTRIQUEIRA
Agardando que pase algo, FÍA NA ROCA
Contravento, FÍA NA ROCA
Na memoria dos tempos, FUXAN OS VENTOS
Quen a soubera cantar, FUXAN OS VENTOS
Música para danza, GAITEIROS GALEGOS
Galician Chimpanzee, GALEGO Z
Gallaecia
Grodan Deflo
Nova era, IALMA
Jazz
Recopilatorio, ANA KIRO
Truvisqueira, LOULEADA
Ara- Solis, LUAR NA LUBRE
Plenilunio, LUAR NA LUBRE
Barco na alba, MANUELA E MIGUEL
Manifesto dobarrista
Que o pano non me namora, MALVELA
Meniños cantores
Galicia de Maeloc, MILLADOIRO
Galicia no país das marabillas, MILLADOIRO
Milladoiro 3, MILLADOIRO
O niño do sol, MILLADOIRO
Río de son e vento, CÉSAR MORÁN
A música que facemos
O mal tempo, MUTENROHI
No colo do tempo, MUXICAS
Contradanzas, NA LÚA
As fases de NA LÚA
Noitébregos, NOITÉBREGOS
Nordestinas
Nunca Máis
Orquestra de Cámara xove
Orquesta sinfónica de Galicia
O gaiteiro de Fragoso, HENRIQUE OTERO
Na seitura do Barroso, PALLAMALLADA
Recopilación, PALLAMALLADA
Viaxeiro de pousada, PÉ DE BOI
Ajrú, MERCEDES PEÓN
Isué, MERCEDES PEÓN
Calmidá sentimental, PILOCHA
Rosalía de Castro, AMANCIO PRADA
Rosas a Rosalía, AMANCIO PRADA
Estremonías, QUEMPALLOU
As nosas cancións,A QUENLLA
Namórate da vida, A QUENLLA
Silencios na memoria, A QUENLLA
...De seu, QUINTA FEIRA
O cego andante, PABLO QUINTANA
Cantos para o Nadal, QUIQUIRIQUÍ
Raiceiras
Recopilatorio música galega
Que non decaia, XIL RÍOS
Pra os amigos, A RODA
Albeida, RODRIGO ROMANÍ
Música tradicional, RUMBADEIRA
Para cantar como eu canto, RUMBADEIRA
Gravacións históricas de Zanfona, FAUSTINO SANTALICES
Cancións, SARAIBAS
Os Satélites con Sito Dedes
Susana Seivane, DUSANA SEIVANE
Som voltas, SERVANDO E CONTRADANÇA
Ye- Me-Je, SERGIO MENDES
Os sons do Pórtico da Gloria
Os Tamara
Recopilación, TARANIS
Unha noite non é nada, TREIXADURA
Unha noite no muíño, TREIXADURA
Trivial, TÚZAROS
Entre cidades, UXÍA
Danza das areas, UXÍA
Estou vivindo no ceo, UXÍA
Eterno navegar, UXÍA
Recopilación, UXÍA
Celso Emilio Ferreiro, SUSO VAAMONDE
Lembranza, SUSO VAAMONDE
Regodobargo, SUSO VAAMONDE
Voces Ceibes
Adicado, XISTRA DE CORUXO
Quince anos, XOCALOMA
Ultravioleta, ZUNCURRUNDULLO

mércores, 6 de maio de 2009

Exposición Ramón Piñeiro

Podedes visitar no Salón de Actos do centro a exposición informativa sobra Ramón Piñeiro a quen se lle dedica este ano o Día dsa Letras Galegas.

Concurso literario

O xurado decidiu declarar desertos os premios de poesía e narrativa polo escaso número de textos presentados.

Concederáselle un pequeno agasallo a quen participou.

mércores, 25 de marzo de 2009

O xoves 26 de marzo inaugúrase no Colexio "Manuel Rivero" a exposición de libros galegos editados antes do ano 1983 no que participamos os distintos centros da zona. Podedes visitala no horario lectivo do centro.

Lingua de amor 2009

Podedes participar no concurso "Lingua de amor 2009". As bases están expostas no Taboleiro de Normalización do centro. www.linguadeamor.eu

martes, 17 de marzo de 2009

As Sinas

O programa "Vive en defensa do monte galego" no cal participamos 23 alumnos e alumnas de 3º ESO, estaba destinado a cambiar para mellor a paisaxe galega que se perdeu cos incendios do verán do 2006.
O luns 16 de febreiro ás nove da mañá marchamos cara a Vigo para recoller a uns alumnos do colexio Santa María. Chegamos a Vigo sobre as once da mañá e cando recollemos aos alumnos dirixímonos cara o noso destino que era Vilagarcía. Despois de tanto tempo chegamos Á s Sinas sobre a unha do mediodía. Cando baixamos as maletas viñéronnos recibir os monitores disfrazados para acomodarnos nas nosas liteiras. Logo realizamos un xogo e fomos comer. Á tarde, dividíronnos en varios grupos para que fósemos a varios lugares do campamento. Neses lugares explicábannos todo sobre o monte, como por exemplo canto tempo tardaba en medrar un carballo, como se podía buscar as nosas parcelas no ordenador, etc.
Ás nove tivemos a cea e despois de cada cea tiñamos unha asemblea que consistía en que nós lle tiñamos que explicar e comentar como nos fora o día. A asemblea terminaba sobre as dez e media e despois tiñamos unha velada na que se facían uns xogos para divertirnos e iso duraba ata as doce que tiñamos que ir para a cama.
O segundo día espertamos ás oito e almorzamos ás nove. Despois de almorzar fomos ver o pazo de Montero Ríos e os seus xardíns. Nestes xardíns hai especies únicas que non se poden ver en moitos sitios. Logo de ver os xardíns fomos xantar aun albergue de Sabucedo e visitamos o novo curro no que se celebra a rapa das bestas da Estrada. Os monitores fixeron de cabalos e dos homes que rapan as bestas para explicarnos o espectáculo. Logo visitamos uns muíños que había no río de Sabucedo e tamén visitamos o curro vello. Sobre as sete e media regresamos ao albergue.
O terceiro día logo de almorzar fomos ao monte para plantar árbores. Eu plantei un carballo.Tamén limpamos unha parcela e arrincamos eucaliptos. Despois de facer todo isto regresamos ao albergue xantar e logo voltamos ao monte pero non para volver plantar árbores senón para facer orientación. Déronnos cadanseu compás e indicacións para poder ir ao lugar que nos mandaran. Logo de chegar a dito lugar regresamos para cear, ducharnos e despois de cada cea tivemos a asemblea e a velada. Esta velada foi distinta xa que nos fixeron unha festa.
O cuarto día só fomos para a praia xogar e os monitores fixéronnos responder a unhas preguntas sobre a nosa estancia alí. Despois de xantar chegou a despedida. Uns choraron coa despedida e outros contiñan as bágoas. Logo deixamos os nosos compañeiros de Vigo e regresamos a Lalín. Chegamos sobre as sete da tarde.
Iván Losón Iglesias 3º C

martes, 10 de marzo de 2009

Viaxe a Santiago

Ás 10:40 do xoves vinte e dous de febreiro saímos desde Lalín cara Santiago para pasar o día alí. Fomos pola autoestrada ata a cidade e a partir de alí leváronnos ao Auditorio para ver un concerto. Estábanos esperando a Real Filarmónica de Galicia para tocar unha peza musical. Permanecemos alí unha hora e media sentados nunha butaca vendo como un presentador e uns bailaríns estropeaban un pouquiño máis a obra. Despois o autobús volveu por nós para levarnos dar unha volta a Área Central, non contabamos con moito tempo, pero algo é algo. Cando cruzamos a porta de entrada démonos conta de que non había demasiados sitios onde entreternos, pero así e todo puidemos comprar algo. Á hora de saída tivemos un pequeno percance xa que algunha persoa case perde o autobús pero ao final todo saíu ben. Volvemos a Lalín outra vez pola autoestrada e chegamos desde o meu punto de vista un poco cedo, pero serviunos para descansar e comentar algunhas anécdotas. En definitiva, foi unha excursión un pouco peculiar e rara pero unha nova expariencia ao fin e ao cabo.
Olalla Sanmartín 3º C

mércores, 18 de febreiro de 2009

Actividade recollida libros antigos

Solicítase a colaboración de todo o alumnado e as súas familias para participar na actividade conxunta de recollida de libros editados en galego antes do ano 1983.
Nesta actividade participan todos os centros da zona coa finalidade de facer unha exposición con estes libros durante a 3ª Avaliación.
Se tes libros en galego na casa de antes desa data e queres traelos especifica:
-Mercado polos avós
-Mercado polos pais
-Mercado por outro familiar
-Agasallo
Podes traelos ata o día 25 de marzo e entregárllelos aos profesores/-as de galego.

Concurso literario

O Equipo de Normalización Lingüística convoca un concurso literario no que pode participar todo o alumnado do centro.
Establécense dúas categorías diferenciadas para ESO e Bacharelato e Ciclos.
A temática é libre e pódese participar tanto en poesía como en narrativa.
En poesía haberá que presentar como mínimo 3 poemas. En narrativa o mínimo serán 2 folios por unha cara. Letra Arial 12.
Haberá tres premios por categoría para poesía e para narrativa:
1º premio: 25 Euros
2º Premio: 15 Euros
3º premio: 10 Euros
Os traballos deberán ser entregados antes do día 3 de abril cun pseudónimo indicando poesía ou narrativa e a categoría (ESO- BACH, CF).
Nun sobre pechado indicarase o nome e apelidos e o curso ao que se pertence.
Os traballos e o sobre de identificación entregaranse na secretaría do centro.

Gañadores Concurso Adhesivos

2º CICLO ESO

1º Premio: César Augusto Arredondo
2º Premio: Javier Bayo Mosquera
3º Premio: Silvia Canda Izaguirre

Concurso de adhesivos

O Equipo de Normalización Lingüística convoca un concurso de adhesivos no que pode participar todo o alumnado da ESO.
Establécense dúas categorías para 1º e 2º ciclo.
A temática a desenvolver tratará sobre a situación da lingua na actualidade.
Os traballos recompilados servirán para realizar unha exposición no centro e os premiados poderán ser editados.
Haberá tres premios por categoría:
1º premio: 25 Euros
2º premio: 15 Euros
3º premio: 10 Euros
Os traballos deberán ser entregados antes do día 10 de decembro cun pseudónimo indicando 1º ou 2º ciclo. Nun sobre pechado indicarase o nome e apelidos e o curso ao que se pertence. Os traballos e o sobre de identificación entregaranse na secretaría do centro.