martes, 17 de marzo de 2009

As Sinas

O programa "Vive en defensa do monte galego" no cal participamos 23 alumnos e alumnas de 3º ESO, estaba destinado a cambiar para mellor a paisaxe galega que se perdeu cos incendios do verán do 2006.
O luns 16 de febreiro ás nove da mañá marchamos cara a Vigo para recoller a uns alumnos do colexio Santa María. Chegamos a Vigo sobre as once da mañá e cando recollemos aos alumnos dirixímonos cara o noso destino que era Vilagarcía. Despois de tanto tempo chegamos Á s Sinas sobre a unha do mediodía. Cando baixamos as maletas viñéronnos recibir os monitores disfrazados para acomodarnos nas nosas liteiras. Logo realizamos un xogo e fomos comer. Á tarde, dividíronnos en varios grupos para que fósemos a varios lugares do campamento. Neses lugares explicábannos todo sobre o monte, como por exemplo canto tempo tardaba en medrar un carballo, como se podía buscar as nosas parcelas no ordenador, etc.
Ás nove tivemos a cea e despois de cada cea tiñamos unha asemblea que consistía en que nós lle tiñamos que explicar e comentar como nos fora o día. A asemblea terminaba sobre as dez e media e despois tiñamos unha velada na que se facían uns xogos para divertirnos e iso duraba ata as doce que tiñamos que ir para a cama.
O segundo día espertamos ás oito e almorzamos ás nove. Despois de almorzar fomos ver o pazo de Montero Ríos e os seus xardíns. Nestes xardíns hai especies únicas que non se poden ver en moitos sitios. Logo de ver os xardíns fomos xantar aun albergue de Sabucedo e visitamos o novo curro no que se celebra a rapa das bestas da Estrada. Os monitores fixeron de cabalos e dos homes que rapan as bestas para explicarnos o espectáculo. Logo visitamos uns muíños que había no río de Sabucedo e tamén visitamos o curro vello. Sobre as sete e media regresamos ao albergue.
O terceiro día logo de almorzar fomos ao monte para plantar árbores. Eu plantei un carballo.Tamén limpamos unha parcela e arrincamos eucaliptos. Despois de facer todo isto regresamos ao albergue xantar e logo voltamos ao monte pero non para volver plantar árbores senón para facer orientación. Déronnos cadanseu compás e indicacións para poder ir ao lugar que nos mandaran. Logo de chegar a dito lugar regresamos para cear, ducharnos e despois de cada cea tivemos a asemblea e a velada. Esta velada foi distinta xa que nos fixeron unha festa.
O cuarto día só fomos para a praia xogar e os monitores fixéronnos responder a unhas preguntas sobre a nosa estancia alí. Despois de xantar chegou a despedida. Uns choraron coa despedida e outros contiñan as bágoas. Logo deixamos os nosos compañeiros de Vigo e regresamos a Lalín. Chegamos sobre as sete da tarde.
Iván Losón Iglesias 3º C

Ningún comentario: