luns, 9 de decembro de 2013

Concurso Literario Mª Vitoria Taboada


O IES “Ramón Mª Aller Ulloa” convoca o I Concurso Literario “Mª Vitoria Taboada” de relato curto, microrrelato e poesía, dirixido ao alumnado de ensino secundario da Comarca de Deza.
Desde a lembranza tan cercana da súa presenza, este Concurso pretende render unha modesta homenaxe a unha persoa que como Vitoria, profesora que foi do IES Aller Ulloa, se dedicou de cheo á docencia.
Cartel: Sebas Rozas
Era a súa unha actitude de radical defensa do ensino público e da integral normalización do idioma galego. Profesional con maiúsculas, sempre se mantivo fiel as súas máis fondas conviccións, mais ante todo foi unha entrañábel e marabillosa compañeira. Ás veces a un dálle a corpo de a sentir polos corredores do Instituto, e é que a súa ausencia nótase e moito.
O premio, quizais sexa o de menos, o que importa é lembrala a ela, por iso engadimos algo máis agradecido que o logro material como son os parabéns, no seu nome.
Ánimo e a participar!
Para consultar a convocatoria coas bases premede aquí:
O cartel é obra do compañeiro Sebas que o fixo con moito cariño.


luns, 2 de decembro de 2013

Gallegofobia Spanish

 Estes últimos tampos estamos asistindo a unha feroz ofensiva contra a lingua galega. Lexíslase para marxinala, caso da LOMCE, presiónase economicamente para que non a uses, caso da negación de bolsas de estudo por "defecto" ao non estar as solicitudes en español ou inglés, como se este último idioma fora lingua oficial no Estado Español de España.

  Un acaba pensando que non nos queren tal como somos, senón como eles queren que sexamos. Tarde piache!!!

 Para saber máis preme nas novas:

"Cando o galego é unha escusa para negar unha bolsa de estudo"

"Un mínimo de 12 estudantes galeg@s ficaron sen bolsa pre-doutoral por razóns de idioma".