Concurso Literario Mª Vitoria Taboada
O IES “Ramón Mª Aller Ulloa” convoca o I Concurso Literario “Mª Vitoria Taboada” de relato curto, microrrelato e poesía, dirixido ao alumnado de ensino secundario da Comarca de Deza.
Desde a lembranza tan cercana da súa presenza, este Concurso pretende render unha modesta homenaxe a unha persoa que como Vitoria, profesora que foi do IES Aller Ulloa, se dedicou de cheo á docencia.
|
Cartel: Sebas Rozas |
Era a súa unha actitude de radical defensa do ensino público e da integral normalización do idioma galego. Profesional con maiúsculas, sempre se mantivo fiel as súas máis fondas conviccións, mais ante todo foi unha entrañábel e marabillosa compañeira. Ás veces a un dálle a corpo de a sentir polos corredores do Instituto, e é que a súa ausencia nótase e moito.
O premio, quizais sexa o de menos, o que importa é lembrala a ela, por iso engadimos algo máis agradecido que o logro material como son os parabéns, no seu nome.
Ánimo e a participar!
Para consultar a convocatoria coas bases premede aquí:
O cartel é obra do compañeiro Sebas que o fixo con moito cariño.
Ningún comentario:
Publicar un comentario