Pode ser que cada vez sexa máis difícil escoitar determinado tipo de voces. Os medios hexemónicos son cada vez máis selectivos e excluíntes. Os "outros" medios pois son iso mesmo: "os outros".
O xornal dixital Pontevedra viva seguramente non goce da maior difusión, pero iso non ten relación coa súa calidade, nin co maior ou menor interese dos seus contidos.
Aí atrás ofreceunos unha entrevista con Sés.
Sés é moitas cousas, ten unha páxina que dá gusto vela e, ante todo, semella unha persoa coas ideas claras:
"Eu fago música en galego, porque son galega e estou lonxe de avergonzarme de selo."
"...ti non lle vas a ensinar a un americano a facer rock and roll, pero
podes facer que moita xente que quere escoitar música en galego, entenda
un rock and roll. Xente que cando escoita unha canción quere saber o
que cantas. Eu son claro exemplo de alguén que está aquí porque canta na
súa lingua. A min, lonxe de ser un hándicap na miña carreira, é todo o
contrario. É o que me impulsou e o que me mantén."
Botádelle unha, ou dúas á saúde de Sés e de xente coma ela:
E é que, con xente coma Sés, os que están esperando polo testamento desta terra igual acaban co-convertidos en estatuas de sal.
Ningún comentario:
Publicar un comentario