martes, 22 de xaneiro de 2013

Concurso literario de relato curto, microrrelato e poesía





O Equipo de Normalización e Dinamización da Lingua Galega do IES Ramón María Aller Ulloa convoca un concurso literario de relato curto, microrrelato e poesía que se rexerá polas seguintes bases:

1. Poderá concorrer a el todo o alumnado matriculado neste centro. Cada alumna ou alumno deberá presentar un único traballo, mais podendo concorrer nos tres apartados.
2. Os traballos presentados no apartado de relato curto han ter unha extensión máxima de tres folios e mínima dun folio e medio, en letra Arial 12 e a dobre espazo.
3. Os traballos presentados no apartado de microrrelato han ter unha extensión máxima de dez liñas e mínima de dúas liñas, en letra Arial 12 e a dobre espazo. Neste caso cada participante poderá presentar un máximo de tres microrrelatos.
4. Os traballos presentados no apartado de poesía deberán constar de tres poemas cunha extensión máxima por poema de 25 (vinte e cinco) versos ou dun folio, en letra Arial12 e a dobre espazo
3.- Deben estar escritos en lingua galega e respectar a normativa actual.
4.- Presentaranse por duplicado e asinados con pseudónimo, nun sobre aberto, coa lenda “Concurso Literario-EDL ”, no que se incluirá, ademais da(s) obra(s), outro sobre máis pequeno pechado no que se faga constar por fóra o mesmo pseudónimo co que se asinou e dentro o nome do autor ou autora e o curso ao que pertence.
5.- O prazo máximo de presentación é o 5 de abril de 2013.
6.- Os traballos entregaranse na Biblioteca do Instituto.
7.- Os traballos premiados quedarán a disposición do Centro.
8.- O xurado, composto por profesorado e alumnado do Centro, fará público o seu fallo, e este será inapelábel.
9. Os premiados recibirán un lote de libros e unha morea de parabéns.

Ningún comentario: