venres, 31 de outubro de 2014

Encontros con Gonzalo Navaza

O ENDLG gusta de vos anunciar a presenza connosco de Gonzalo.

Ás once, estará na biblioteca para nos falar de Erros e tánatos e para nos achegar ao seu labor literario.


Á unha, no Salón Teatro, xuntarémonos os dous institutos de Lalín (e quen queira) para escoitalo falar sobre O matemático Rodríguez e celebrar o Día da ciencia en galego.



Tamén recuperaremos, na entrada do instituto a exposición  O home do saco, un percorrido pola transformación urbanística de Lalín, da man do relato de Erros e Tánatos.

sábado, 11 de outubro de 2014

Mapa Sociolingüístico do Centro (MSC-2014). Lingua inicial e habitual do alumnado.




Xa sen tempo, presentámosvos a actualización dos datos referidos á situación sociolingüísticado instituto que concretamos no Mapa Sociolingüístico do Centro (MSC-2014), elaborado polo ENDLG, o Departamento de Galego e a Biblioteca no que a lingua inicial e a lingua habitual (usos lingüísticos) do alumnado se referir. Os datos deberannos servir de base para a acción normalizadora.
A seguir podedes ver os gráficos resultantes do estudo:

 

Tamén lle podedes botar no issuu unha ollada á breve análise realizada



xoves, 25 de setembro de 2014

Mba'éichapa reiko


Pois iso, que como andas? Como estás?

Guarani mbo'esyry estado rembiapópe, ou o que vén sendo o mesmo: Guaraní comunicativo en la función pública é unha breve introdución ao guaraní: normas básicas e mensaxes elementais para irmos comezando.

Mirade a ver que vos parece:


 -

venres, 13 de xuño de 2014

O vídeo dos premios do Concurso "Mª Vitoria Taboada"


As alumnas de Cultura Audiovisual veñen de rematar, baixo a supervisión do profesor Sebas, a montaxe do documental sobre a entrega de premios do Concurso "Mª Vitoria Taboada".
De certo que fixeron un traballo de edición de moitos estalos.
Presentámosvos, pois, a síntese do acto que con esforozo e cariño prepararon para goce de todos na rede.


Só queda dárllelas grazas máis emotivas a todas as persoas que o fixeron posíbel e tamén ás que participaron no acto. Graciñas. Vémonos o curso que vén.

martes, 10 de xuño de 2014

O libro, un proxecto de Cultura Audiovisual

A tropa de Cultura Audiovisual (Bacharelato de Artes) vén de rematar a súa primeira curta de ficción, O libro. Agardamos que a estrea recolla parabéns a eito e a dereito. 
A carátula invita.


O guión e o caderno de rodaxe enganchan.

A película namora:


sábado, 7 de xuño de 2014

1º Concurso Mª Vitoria Taboada: textos premiados

Algúns dos premiados
Mentres agardamos polo libro impreso, podedes ler o traballo dos premiados en formato dixital. Igualmente estamos á espera da curta da gala e da montaxe fotográfica.


luns, 19 de maio de 2014

Ojoroner, nechanu dimurei, yabty bila, ñáhas, tû, ntin


Honduras é un territorio rico en linguas. Alí podemos oír falar en chortí, garífuna, isleño, miskito, pech, tawahka,  tolupán e castelán

Este dicionario lémbranos canta fermosura e funcionalidade contén a diversidade lingüística.



Por certo, que significado terán as palabras do título?
---