Manuel Núñez Singala, o autor do libro "Comedia bífida" veu o mércores 19 ao noso Instituto para explicarnos mediante, uns xogos de inxenio, que non todo é o que parece senón que hai que estudar mellor as nosas situacións para poder ver o que realmente temos diante. Todos estes xogos utilizounos para explicarnos a situación do galego, que pode chegar a desaparecer se non o falamos. Porque moita xente pensa que é unha lingua bruta, de pailáns e que soa moi mal. Isto non é verdade xa que é unha lingua tan fermosa coma outra calquera. Ademais cantas máis linguas saibamos moito mellor porque non só nos converteremos en persoas máis cultas, senón que despois nos será máis doado aprender outra lingua.
Por iso creo que a xente non debería avergonzarse de ser o que é e que deberían falar galego e todas as linguas que queiran.
Salomé Pérez González 3º C
A charla de Manuel Núñez Singala sobre o seu libro, deunos a comprender un pouco máis o importante que é a lingua e o malo que é a súa extinción.
Fixemos xogos sobre o galego para poder ter maior comprensión e entender que é a nosa lingua e que deberiamos falala. Tamén nos mostra que hai que mirar e observar ben todo para poder entender que hai que ver máis alá, como na lingua. Explicounos tamén os prexuízos e o que moita xente pensaba sobre o galego. Como opinión persoal, podo dicir que eu non quero que se extinga, xa que é unha lingua moi bonita e perdela sería moi triste. Pasamos un momento divertido no que rimos e pensamos os problemas que nos presentou.
Eva Valdés Aymerich 3ºC
1 comentario:
Publicar un comentario