A fonte da ilustración, aquí. |
... non te preocupes: seguirás vivindo igual.
Iso é o que pasa cando ti es peixe e o parasito en cuestión é o Cymothoa exigua.
Non sei se advertircho porque, á fin e ao cabo, non ten moita importancia:
O tal cymothoa metéseche na boca e zúgache a arteria que lle proporciona sangue á lingua, ata que a propia lingua queda atrofiada e acaba por esborrallarse.
En chegando a ese punto, o condenado do cymothoíño (cymothoíña para ben dicir, xa que, polo visto, a estas alturas xa é femia, se é que xa non o era antes) asume as funcións da túa lingua e ti tan pancho. El (ela, máis ben) mantense co teu sangue e as túas mucosas, pero non lle toca ao teu alimento. Vamos, que te mantén vivo para que lle sirvas de despensa.
Neste vídeo (do que soubemos por Naukas) explícanche ben explicado este novo caso de glotofaxia:
[A verdade é que o crustáceo cymothoa aínda daría para un bo feixe de analoxías, alegorías e metáforas... A ver quen se anima!]
Ningún comentario:
Publicar un comentario