Unha nova canle Nós TV, que emite en galego toda a produción propia, nace co
obxectivo de contarlles aos cidadáns "o que pasa no noso territorio". Así o afirman os seus promotores, mozos con espírito de servizo ao país e á súa lingua con lemas como: "Os galegos movémonos, móvete con Nós". "Comprometidos co rural, coas
aldeas, cos lugares, coas parroquias". "Imos ser unha tele diferente,
comprometida coa nosa terra". "Non queremos ser unha tele máis, unha
máis do montón". Con sede en Lalín, esta nova canle é unha cadea local, mais como eles manifestan "con vocación autonómica", polo que o seu labor desenvolverase sobre todo nas comarcas de Deza, Tabeirós, Melide e Arzúa.
Parabéns pola inciativa e a aposta decidida pola lingua galega. Adiante!
Ningún comentario:
Publicar un comentario