mércores, 13 de febreiro de 2013

Chamamento polo galego


Hoxe presentouse en Santiago o  'Chamamento cidadán polo galego' mediante o que se lle pide á Xunta que non leve o conflito do galego fóra de Galicia.

Nel, solicítase expresamente que o Goberno autonómico non presente o recurso perante o Tribunal Supremo, contra a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) sobre o decreto do plurilingüismo.

Se te queres unir á iniciativa podes facelo a través deste Formulario de adhesión.

Ningún comentario: