O noso centro súmase ao lema do Correlingua 2013, O galego a chave do mundo, enviando unha potente representación a Silleda para reafirmármonos no amor pola lingua galega.
Podedes consultar na web http://www.correlingua.org/ os pormenores do evento.
Blog do Equipo de Normalización e Dinamización da Lingua Galega do IES Ramón Mª Aller Ulloa (Lalín)
Amosando publicacións coa etiqueta Defensa da lingua b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Defensa da lingua b>. Amosar todas as publicacións
martes, 7 de maio de 2013
venres, 5 de abril de 2013
Festa da diversidade lingüística: Anirmau'13
O próximo luns celebrarase a sesión de apertura do Anirmau'13. Anirmau, o noso festival de cine de animación, chega á súa terceira edición "oficial". Antes organizaramos un par de edicións "domésticas".
Este ano dedícase por primeira vez ás longametraxes.
Anirmau proporciónanos moitas, moitas cousas. Algunhas non estaban previstas, outras -inicialmente contempladas como secundarias- adquiriron un carácter central. Entre as súas achegas, e desde logo non son as menores, están as lingüísticas:
- Todas as películas son proxectadas no seu idioma orixinal
- Todas as películas son subtituladas en galego.
A segunda cuestión responde a unha necesidade comunicativa, pero tamén a un compromiso explícito co idioma. Resulta laborioso, pero reconfortante.
Ao longo deste anos pasaron polo Anirmau centos de filmes dos cinco continentes, subtitulamos todos os falados e iso significa que, posiblemente, estamos ante a maior iniciativa normalizadora, completamente altruísta, neste ámbito. E como ninguén nolo di, dicímolo nós... ou que demo!
venres, 8 de marzo de 2013
Shin Chan si que fala galego, non coma outr@s...
Navegando pola rede dei de fociños co Canal de xosecotelo, moi recomendábel, por certo.
Para que vos acheguedes ao mesmo escollín o vídeo Shin Chan fala galego, que nos lembra o bo axente normalizador que era, non nos estraña que desaparecera da grella da TVG.
Para que vos acheguedes ao mesmo escollín o vídeo Shin Chan fala galego, que nos lembra o bo axente normalizador que era, non nos estraña que desaparecera da grella da TVG.
xoves, 21 de febreiro de 2013
Chíos de noso
Un paso adiante: o twitter xa está en galego (en fase de probas, pero vai). O mérito corresponde ao voluntariado e á asociación @tweet_en_galego.
O paso atrás: as institucións públicas... nin ausentes estiveron.
Máis información en:
Carta xeométrica
Tecnoloxía
Praza Pública
Esta última explícanos como facer:
Para mudar a lingua abonda con entrar en settings e despois en account para cambiar en language para o galego. Hai que ter en conta que a versión en galego aínda está en beta. Polo tanto, pode haber erros e os termos poden ser aínda postos en discusión a través do Centro de Tradución. Dende agora Follow é Seguir, Tweet dise Chío, os Trends son Tendencias e cando un chío é repetido por un usuario dise que foi rechiado.
Etiquetas:
Avances,
Defensa da lingua
mércores, 13 de febreiro de 2013
Chamamento polo galego
Hoxe presentouse en Santiago o 'Chamamento cidadán polo galego' mediante o que se lle pide á Xunta que non leve o conflito do galego fóra de Galicia.
Nel, solicítase expresamente que o Goberno autonómico non presente o recurso perante o Tribunal Supremo, contra a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) sobre o decreto do plurilingüismo.
Etiquetas:
Defensa da lingua,
Glotofaxia
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)



