xoves, 21 de febreiro de 2013

Chíos de noso


Un paso adiante: o twitter xa está en galego (en fase de probas, pero vai). O mérito corresponde ao voluntariado e á asociación @tweet_en_galego.


O paso atrás: as institucións públicas... nin ausentes estiveron.

Máis información en:
Carta xeométrica
Tecnoloxía 
Praza Pública

  
Esta última explícanos como facer:
Para mudar a lingua abonda con entrar en settings e despois en account para cambiar en language para o galego. Hai que ter en conta que a versión en galego aínda está en beta. Polo tanto, pode haber erros e os termos poden ser aínda postos en discusión a través do Centro de Tradución. Dende agora Follow é SeguirTweet dise Chío, os Trends son Tendencias e cando un chío é repetido por un usuario dise que foi rechiado.


Ningún comentario: